Vistas de página en total

domingo, 17 de marzo de 2013

CIVILIZACIÓNS FLUVIAIS

MESOPOTAMIA




 Será no Oriente Próximo onde por primeira vez veremos pasar das pequenas poboacións neolíticas adicadas á agricultura a formacions sociais cada vez máis complexas que tenden a facerse autónomas.

Pasamos da aldea á cidade e veremos nacer unha cultura propria chea de inventos e progreso,  entre os que destaca a ESCRITURA que pon fin á PREHISTORIA.








A rexión  onde terá lugar será  MESOPOTAMIA (entre dous ríos) formada por un gran val fértil a carón dos ríos TIGRIS e ÉUFRATES. Alí se desenvolverán diferentes civilizacións dende o IV milenio a.C.


Cando o home coñece a agricultura e a gandería, os descubrimentos sucédense con máis rapidez. Millóns de anos para coñecer o lume, pequenas ferramentas de pedra, e agora en pouco máis de 5.000 anos son capaces de:
TRABALLAR OS METAIS, primeiro o cobre, despóis bronce, por último o ferro.
INVENTAR O ARADO para traballar a terra.
CONSTRUIR DIQUES E CANAIS para regar.
INVENTAR A RODA E A VELA, que permitiron desplazamentos máis longos por terra e auga.
LEVANTAR GRANDES MONUMENTOS na honra dos mortos e deuses.



INVENTAR A ESCRITURA, que pon fin á prehistoria.



Táboa SUMERIA de arxila con escritura CUNEIFORME que contén recetas médicas dos físicos de Nippur (Mesopotamia). Trátase do documento médico máis antigo coñecido e consérvase no MUSEO da UNIVERSIDADE DE FILADELFIA.

>

No hay comentarios:

Publicar un comentario